As autoridades realizan 306 controis do cumprimento de medidas en Ourense nos últimos sete días

IES CHAMOSO LAMAS

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu hoxe unha nova reunión do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria. No encontro, celebrado na Subdelegación do Goberno, participaron responsables da Garda Civil, da Policía Nacional, da Policía Autonómica, da Policía Local de Ourense e representantes da Subdelegación do Goberno e da Xunta de Galicia.

Na xuntanza avaliáronse as novas medidas decretadas polo Goberno autonómico, que entrarán en vigor esta próxima medianoite. Estableceuse que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a Policía Autonómica e as Policías Locais darán continuidade ás campañas de información e aos dispositivos de vixilancia das restricións vinculadas á COVID-19, intensificando o control do novo horario nos restaurantes e do toque de queda.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

O subdelegado do Goberno lembrou que o único concello da provincia que se mantén no nivel máximo de restricións decretado pola Xunta de Galicia é Carballeda de Valdeorras, no que se establecerán operativos para controlar o peche perimetral do mesmo. González Afonso lembrou á cidadanía que “a entrada e saída do municipio só se pode realizar nos casos que contempla a normativa vixente”.

Así mesmo, na reunión o subdelegado do Goberno fixo balance do labor realizado desde o pasado xoves, cando tivo lugar a anterior reunión, polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. En total, do 8 ao 14 de marzo a Garda Civil e a Policía Nacional realizaron 306 controis e 160 inspeccións en establecementos de hostalaría. Nos dispositivos participaron 1.148 axentes e neles identificouse a 1.437 persoas, controláronse 1.116 vehículos e eleváronse 142 propostas de sanción.

Por último, Emilio González sinalou que se evidencia un cumprimento maioritario da normativa, pero lembrou a importancia da responsabilidade individual. “É fundamental que a cidadanía continúe respectando as restricións, como o uso da máscara e non relaxe o resto de precaucións adoptadas ata agora”.