Case todos os maiores de 80 anos no Carballiño contan cas dúas doses da vacina

Os datos de administración de vacina ás persoas no seu domicilio do Carballiño foron onte de 182 persoas, ás que hai que sumar os preto de 50 vacinados na xornada de hoxe. Todas elas foron administradas polas enfermeiras do Servizo de Atención Primaria. Despois de hoxe quedarían apenas casos puntuais sen vacinar. As persoas maiores de 80 anos no Carballiño xa contan case na súa totalidade cas dúas doses administradas.

Publicidade

En canto ás persoas con patoloxías de risco, o hospital de Ourense comezou ca administración da vacina de Moderna. O xefe de Oncoloxía recomenda a todos os pacientes acudir á vacinación cando sexan chamados.

Na imaxe desta noticia podemos ver a Melania, a coordinadora da vacinación no Carballiño e Ribadavia, facendo entrega do material para a vacinación nos domicilios ós enfermeiros Diego e Cristina