A Confederación iniciará en xuño a mellora do lavadoiro de Toscaña e o seu entorno

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil trasladoulle ó alcalde do Carballiño a adxudicación das obras referentes ó acondicionamento do entorno do río Arenteiro, unha petición moi reclamada polos grupos da oposición nos últimos meses. Segundo o previsto, para mediados do mes de xuño comezarían as actuacións, que contemplan a reforma do lavadoiro de Toscaña, elemento que se atopa deteriorado e incluso con caída de tellas nos últimos meses.

Publicidade

Ademais, prevese a construción dun parque infantil de gran tamaño, co que se pretende desconxestionar as zonas de xogos do centro da vila.