Galicia rexistra preto de 300 contaxios novos nas últimas 24 horas

Publicidade ASPADISI

A comunidade galega rexistra hoxe 257 contaxios novos, rexistra un crecemento con respecto a onte significativo. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.837, unha cifra que ascende en preto de 200 persoas. Do total de pacientes positivos en Galicia, 10 (=) están en UCI, 43 (-1) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta tamén un ascenso preocupante. A provincia rexistra hoxe 43 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 31 persoas con respecto a onte, ata os 199 casos activos. Nos hospitais hoxe mantemos o mesmo número de pacientes. Contamos con 5 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=) na UCI.

HIPER MASIDE