Mantense a situación por casos activos de covid: Carballiño con 11 e Cea con 1

A comarca segue hoxe co número total de casos activos de coronavirus en 12. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e San Cristovo de Cea, únicos concellos con casos activos a día de  hoxe.

Publicidade

O Carballiño mantén hoxe 11 casos activos. San Cristovo de Cea, mantén hoxe un positivo. O Irixo, a pesar de non ter casos , manterase no nivel medio de restricións ata o próximo luns. Isto supón que a hostalaría pode abrir no interior, con 30% de aforo e exterior cun 50% de aforo.

E os demais concellos,  Boborás, Maside, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.