Podemos pide ó concello a creación de puntos violeta contra a violencia de xénero

O Círculo Podemos O Carballiño vén de presentar un requirimento para que o Goberno Local impulse a creación de ‘puntos violeta’ no municipio. Esta medida vén estipulada no ‘Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero’ do Ministerio de Igualdade.

“Acabar coas violencias machistas require do compromiso de toda a sociedade, por iso é
importante involucrar á veciñanza como parte da solución”, indica a enlace de feminismos
municipal de Podemos Alba González,“aplaudimos esta medida do Ministerio de Igualdade porque vai nese senso e pedímoslle ao Concello que se comprometa a levala a cabo”. ‘Punto Violeta’ consta de tres puntos principais. Por unha banda, busca implicar a toda a sociedade na loita contra as violencias machistas. Por outro quere achegar a información dos servizos integrais ás vítimas a través da súa contorna. Finalmente, ten como obxectivo facilitar información sobre como actuar ante un caso de violencia machista a establecementos, entidades, empresas, organismos públicos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Indica Alba González que “moitas veces unha muller en situación de violencia non sabe onde acudir. Cos puntos violetas esténdese a protección de estas mulleres á súa vida cotiá, o que facilita que se poidan informarse e sentirse arroupadas de maneira máis inmediata”. Ademais, a formación considera que este tipo de iniciativas facilitan a concienciación da veciñanza respecto a unha cuestión de extrema gravidade como son as violencias machistas ao sentirse tamén como parte da solución.