As socialistas do Concello de Ourense defenden unha política que responda ás necesidades da cidadanía por riba dos intereses electorais

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Isto non vai de conseguir que lle saian os número a un ou a outro, trátase de que algún día lle saian as contas a Ourense”, defendeu a voceira do PSdeG e candidata á Alcaldía, Natalia González

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Presentamos alegacións e propostas. Particularmente nós presentamos unha moción de censura ata en dúas ocasions neste último mandato e chegados ata aquí creo que debemos preguntarnos que pasa despois do ‘non’. Dicir que non é necesario as veces, pero nós non imos votar que non a todo para esperar a que todo vaia a peor. Porque que lle vaia mal ao alcalde non significa que a Ourense lle vaia mellor”, argumentou lembrando a negativa de PP e BNG para sacar adiante unha moción de censura

En Ourense, a 1 de outubro de 2026. “Fóra deste Salón de Plenos hai máis de 100.000 persoas ás que lles queda, cada vez máis, lonxe o que aquí acontece e conseguimos que detesten, cada vez máis, a política municipal. A xente quere que todo funcione: que as empresas cobren, o autobús pase á súa hora, que as asociacións reciban axudas públicas, pero nada disto pasa mentres neste lugar parece que perdemos o tempo”, comezou argumentando a voceira do PSdeG, Natalia González, na sesión plenaria extraordinaria que tivo lugar esta mañá no Concello de Ourense.

Así as cousas, lembrou que o alcalde leva 7 anos no goberno e que nada mellorou para o día a día de quen lle outorgou a súa confianza nas urnas. “Non chegou onte aquí e todos sabemos como o fixo. Pero despois destes dous mandatos seus o Concello tarda máis de 115 días de media en pagar. Hai máis de 26 millóns de euros en facturas pendentes de pagamento, facturas que volven unha e outra vez aquí e máis servizos en precario que cando comezou a gobernar. A xente non vive de que haxa Remanente de Tesourería. Nin sabe o que é o Remanente en moitos casos. Vive nas súas rúas chea de fochancas, nos seus parques sen coidar e cuns servizos públicos que cada vez funcionan peor”, subliñou.

A voceira, e secretaria xeral do PSOE en Ourense, recordou que todos os grupos políticos da oposición votaron en contra da cuestión de confianza porque entenden que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, non merece a confianza. “Presentamos alegacións e propostas. Particularmente nós presentamos unha moción de censura ata en dúas ocasions neste último mandato e chegados ata aquí creo que debemos preguntarnos que pasa despois do ‘non’. Dicir que non é necesario as veces, pero nós non imos votar que non a todo para esperar a que todo vaia a peor. Porque que lle vaia mal ao alcalde non significa que a Ourense lle vaia mellor”, argumentou para explicar a súa ausencia das edís socialistas na votación ás alegacións ao Orzamento de 2026.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Tamén sinalou que os partidos políticos deberían actuar conforme ao que precisa a cidadanía e non respondendo só a réditos electorais a 8 meses de votar nas municipais. “Sen medo ao que digan algúns ao día seguinte. As decisións e a coherencia permanecen. Neste caso estamos a falar do presuposto de 2026 en outubro e o orzamento non é o que se planifica, senón o que se executa. Gustaríame ver, a 31 de decembro, canto do anunciado se executou. E ao final, isto non vai de conseguir que lle saian os número a un ou a outro, trátase de que algún día lle saian as contas a Ourense”, rematou contundente.

Pola súa banda, a edil do PSOE María Fernández incidiu en que se a aritmética responde ao resultado das eleccións de 2023 e non se ofrece unha alternativa a Democracia Orensana por seren “incapaces de poñerse de acordo” e de sentarse a falar por intereses electorais, o único que queda ñe intentar non bloquear máis o funcionamento da cidade. “Poden mercar o titular, pero non poden enganar á xente”, espetou a PP e BNG.

“Non é xusto que por calculos partidistas esteamos a prexudicar á xente. O PSOE aprobou, hai un ano, investimentos importantísimos para esta cidade. Recordamos perfectamente os titulares de depois de aquel pleno. E a realidade é que, independentemente de Gonzalo Pérez Jácome tivera os cartos pola nosa abstención, virá a este pleno unha modificación de crédito para arranxar os parques infantís ou para a licitación dos contedores do lixo que xa ían naquela modificación de crédito. O que hai que cambiar é quen goberna. Pero se non somos quen de cosntruír unha alternativa, non podemos paralizar a cidade”, puntualizou a socialista.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------