O Bng de Leiro considera que o proxecto de orzamentos municipais para o ano 2021 significa un retroceso.

IES CHAMOSO LAMAS

O Bng de Leiro  considera que o proxecto de orzamentos municipais para o ano 2021 significa un retroceso e non afonda nas problemáticas reais do noso concello.

Despois de ter analizado e estudado a proposta de orzamentos municipáis propostos polo grupo de goberno, desde o BNG entendemos que unhas contas que sufren unha caída dun 15% respeto das aprobadas en 2020, non son unha boa nova para o avance do noso concello.

HIPER MASIDE

Estamos diante duns orzamentos que, nun ano tan atípico e difícil como está a ser 2021, non ofrecen ningún tipo de axuda para os sectores afectados pola pandemia e non propoñen ningun tipo de medida social para as a veciñanza do noso concello que está sufrindo as consecuencias do COVID en primeira persoa.

Alén disto, tamén observamos que os investimentos en infraestruturas sufrirán unha caída do 70% respecto das contas presentadas no ano anterior. Non podemos estar satisfeitos cando volven quedar fóra duns orzamentos obras que son completamente necesarias para o día a día das nosas veciñas e veciños dos diferentes núcleos de poboación.

Desde o BNG entendemos que non podemos apoiar unhas contas que non recollen ningún tipo de inversión fóra do núcleo urbano de Leiro. O noso concello ten un total de nove parroquias e, para o noso grupo, todas son igual de importantes. Estas contas esquecen ao 95% do noso territorio.

 O único aumento que observamos nesta proposta de orzamentos de 2021 se os comparamos cos de 2020, ven na subvención que recibirá a Entidade Local Menor de Berán. Despois da moción presentada polo BNG no pleno de Decembro de 2020, a Entidade Local Menor de Berán pasará de recibir 3.000€ en 2020 a 7.000€ en 2021.

Por todas estas razóns expostas anteriormente, o BNG de Leiro votará en contra dunhas contas que considera insuficientes, para dar solución ás problemáticas da xente do noso concello nesta época de crise.