O alcalde de Lubián, “Gaiteiro da Catedral”

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Felipe Lubián Lubián (Alcalde do Concello de Lubián) acompañado da súa dona Teresa Silva Fernández;

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao alcalde de Lubián (Zamora), Felipe Lubián, quen participou hoxe como “Gaiteiro da Catedral” na homenaxe permanente ás vítimas do COVID-19 e ás súas familias que se rende cada día desde a torre da Catedral de Ourense. O rexedor local de Lubián, quen tamén é gaiteiro, recibiu de mans do presidente Baltar o diploma acreditativo da súa participación neste acto único, que se desenvolve desde Ourense para o mundo e que comezou o pasado 30 de xuño ás 11.30 horas (momento que simboliza a data na que a OMS declarou oficialmente a pandemia, o día 11 de marzo).