Obra dirixida a un público adulto a partir dos 14 anos. O prezo da entrada é de 5 €.
“Unha inimiga do pobo” é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramáticauniversal. Cento corenta anos despois da súa creación, segue a servir de material para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación,ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear aopinión pública e colocala no lugar no que ao poder lle interesa. A rabiosa actualidade do texto próbase ao descubrir como os problemas incipientes que o protagonista afrontaba no século XIX volvéronse máis profundos e daniños no século XXI. Así, Galicia actual serve de escenario paraunha proposta onde a desinformación, os riscos das maiorías absolutas, a crise ecolóxica e a depredación neoliberal deseñan un contexto hostil no que as emocións humanas son sometidas ámáxima presión. Esta peza teatral fai do teatro un foro onde poidamos ollarnos como sociedade evernos reflectidos coas nosas contradicións e problemáticas, co fin de aportar luz, na medida dasnosas posibilidades, nun mundo que semella non ter unha solución sinxela.
“Unha inimiga do pobo” acada 9 finalistas nos PREMIOS MARÍA CASARES 2024 (espectáculo, dirección, actriz protagonista, actor secundario, adaptación-tradución, vestiario,maquillaxe, espazo escénico e iluminación).
SINOPSE
Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou e que se presentacomo un alternativa turística sostible e saudable.
A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza que ve como se ponen risco a prosperidade para toda a comunidade.