As probas da Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) celebraránse mañá martes, o mércores e o xoves, nas isntalacións do instituto Chamoso Lamas por primeira vez e como medida excepcional para garantizar o distanciamento social e a segurirdade dos estudantes. Están chamados un total de 116 alumnos procedentes dos centros educativos do Carballiño e do Ribeiro.
O pavillón do centro está adaptado e desinfectado para acollelos, cunha distancia interpersoal de 2 metros e con pasillos para a circulación de tres metros. Para os exames de asiganturas especifícas nas que participan poucos alumnos pensaron nas instalacións do comedor, no que haberá unha temperatura máis fresca. Todos deberána cudir con máscara e haberá dispensadores de xel hidroalcólico nas entradas.