Protección Civil levará a vacinarse ós veciños de Boborás que o soliciten

O concello de Boborás colabora cos veciños para facilitarlles o traslado ata a cidade de Ourense a todos aqueles que non teñan medios para facelo ante as citas de vacinación pola covid-19. O servizo de voluntarios de Protección Civil será o encargado do traslado, e para solicitalo solo fará falla comunicarse co concello no teléfono 988 40 20 08.

Dende o concello manifestan que teñen o coñecemento de que hai persoas que non dispoñen de vehículo ou dun familiar dispoñible que os acompañe e aseguran que poñerán todos os medios necesarios para que as persoas que queiran vacinarse o fagan.

AVANTAR ACTIVIDADES