A comarca do Carballiño mantén as cifras de onte: a capital oito casos e Cea un positivo

A comarca mantén hoxe o número total de casos activos de coronavirus nos 9. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e San Cristovo de Cea, únicos concellos con casos activos a día de  hoxe.

O Carballiño mantén ós 8 casos activos da xornada de onte. San Cristovo de Cea, mantén hoxe un positivo, cifra que se mantén dende o mércores día 14.

E os demais concellos,  Boborás, O Irixo, Maside, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE ELECTORAL