CONFAPA Galicia mantivo unha xuntanza co Secretario Xeral de Educación, José Luis Mira, para explicarlles a decisión da Consellería de Educación de modificación do calendario lectivo e o traslado da convocatoria  extraordinaria de setembro en ESO, Bacharelato e FP básica á segunda quincena de xuño.

As ANPAS consideran que a decisión foi tomada sen contar cas familias e o alumnado. Os representantes queren saber se haberá opción a diálogo ou se é firme.

As familias, e os seus representantes, seguirán defendendo a súa inclusión na toma de decisións que afectan ó sistema educativo.