A xustiza absolve a Pachi Vázquez do delito de prevaricación pola contratación de 60 traballadores

O xulgado do Penal número 2 de Ourense tomou a decisión de absolver ó exlíder do PSdeG e exalcalde do Carballiño, Pachi Vázquez, e a outros catro exedís do municipio ourensán que exerceron entre os anos 1995 e 2011, por un delito de prevaricación pola contratación de 60 persoas.

Publicidade

As autoridades legais consideran que non hai probas de que se vulnerasen os principios de igualdade, mérito e capacidade nos contratos, mentres que o Ministerio Fiscal solicitaba 10 anos de inhabilitación para o actual líder de Espazo Común, alegando que eses contratos se fixeran a dedo.

A xuíz a cargo destaca na sentaza que “ni hemos podido concluir que en la contratación de los trabajadores se hubiera prescindido totalmente de un procedimiento de selección que intentase respetar los principios de publicidad, mérito, igualdad y capacidad, ni tampoco que los acusados hubiesen actuado con conciencia de arbitrariedad en las resoluciones que llegaron a dictar en el ejercicio de sus cargos”. Destaca ademáis que en relación ca contratación de personal laboral temporal, non quedou probado que emitisen resolucións arbitrarias e con coñecemento da súa ilegalidade.