En Boborás e Castrelo de Miño os días 29,30 e 31: Festival do circo e do humor

O Concello de Castrelo de Miño e o Concello de Boborás unen as súas forzas para organizar o primeiro Festival de Circo e de Humor, que contará con grandes artistas da nosa terra.

Este primeiro festival levarase a cabo a última fin de semana de outubro e realizarase de forma simultanea nos dous concellos, un gran exemplo de colaboración entre entidades locais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste sentido, tanto a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, como o alcalde de Castrelo de Miño; Avelino Pazos, manifestan a súa satisfacción de traballar xuntos a prol da cultura, achegando a poboacion en xeral espectáculos de calidade e con artistas moi coñecidos, feito que establecen a través deste convenio e co que acadaron a máxima puntuación na Liña de axudas de Cultura da Xunta.O festival dará comezo o venres 29 ás 19:00 horas coa actuación en Boborás do espectáculo “A  Maxia  do  Outono” e á mesma hora en Castrelo de Miño o espectáculo “Asacocirco Show”.

O sábado 30 ás 19:00 horas en Boborás teremos a actuación do  monologuista galego Pepo Suevos e en Castrelo de Miño á mesma hora o espectáculo “A  Maxia  do  Outono”. A xornada do domingo é a máis extensa en programación, comezará ás 12:00 horas en Castrelo de Miño coa actuación do artista Luís  Zahera, que pola tarde ás 18:00 horas actuará en Boborás, tamén as 18:00 horas en Castrelo de Miño dará comezo o monólogo de Pepo Suevos.

O festival finalizará en Boborás ás 19:30 co espectáculo de circo “Asacocirco Show”.Todos os espectáculos son de balde.En Boborás os espectáculos realizaranse no patio do colexio e en Castrelo de Miño no Parque Náutico de Galicia, en ambas localizacións os espectáculos serán ao aire libre, pero coa instalación dunha carpa para combater posibles inclemencias climatolóxicas.Agradecer a colaboración da Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura, Educación e  Universidade, sen o seu apoio este festival non sería posible.


VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV


VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO