Nota do BNG: A Policía Local de Ourense estivo prestando servizo durante 8 días con vehículos co seguro caducado.

O pasado día 20, rematou o renting de tres dos vehículos cos que a Policía Local de Ourense viña desempeñando as súas tarefas. O feito de que aínda non estea resolto o novo renting está a provocar que teñan que empregar coches nun estado calamitoso, con máis de 500.000 km e que mesmo se avarían no medio dos servizos.

O BNG no Concello de Ourense denuncia que os axentes da Policía Local estiveron prestando servizo en tres vehículos co seguro caducado. Dito seguro caducou o pasado día 13 de abril e os coches estiveron circulando ata o pasado día 20, momento no que rematou o seu renting.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para o BNG é unha mostra máis da incapacidade do actual goberno Local, incapaz ni tan siquera de xestionar o máis básico do día a día. Para o portavoz nacionalista Luis Seara “esta é unha neglixencia que puido ter provocado consecuencias moi graves para o concello de terse producido algun incidente con algún destes vehículos durante os 8 días nos que circularon sin o seguro obrigatorio”.

Outro dos puntos no que o Grupo Municipal do BNG quere por o foco é no feito de que desde que o pasado día 20 os tres coches aludidos remataron o seu renting, sendo ademáis os máis novos do parque móbil, os axentes teñen que prestar actualmente servizo en vehículos con máis de 500.000 km e que sofren avarías constantes, chegando mesmo a parar no medio dalgún servizo, “algo que desde logo pon en risco aos propios axentes e a cidadanía no seu conxunto”.

Desde hai meses, afirman desde o BNG, que estaba prevista a renovación do parque móbil da Polícia Local pero unha vez máis e por mor da inoperancia do actual rexedor “non se resolveu o novo renting antes de que rematara o anterior”.

O BNG reclámalle celeridade a Gonzalo P. Jácome para que resolva dunha vez o proceso de contratación que está pendente para a adquisicón de novos vehículos para o corpo da Polícia Local.