Gañadores dos premios Losada Diéguez: Eva Veiga e Baldo Ramos en creación literaria e Andrade Cernadas e López Carreira en investigación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

ACTA DO XURADO DA XXXVI EDICIÓN DO PREMIO “ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na Casa do Concello do Carballiño, ás 11,00 horas do día 24 de abril de 2021, reúnense os membros do xurado que a continuación se relacionan, para a selección das obras premiadas segundo as bases publicadas para o efecto.

Asisten:

Presidente: don Diego Fernández Nogueira

Vocais:

Pola Real Academia Galega, don Afonso-Vázque Monxardín Fernández

Polo  Consello da Cultura Galega, don Xoxé Manoel Núñez Seixas

Polo Museo do Pobo Galego, don Mª Xosé Fernández Cerviño

Pola Deputación de Ourense, don Luis Eugenio González Tosar

Polo Concello de Boborás, dona Ana Patricia Torres Madureira

Pola Universidade de Santiago, dona María do Mar Lorenzo Moledo

Pola Universidade de Vigo, don Alexandre Rodríguez Guerra

Pola Universidade da Coruña, don Carlos Vizcaíno Fernández

Actúa como secretaria, para dar fe do acto, dona Julia Rodríguez Fernández.

Polo Sr. Presidente procédese á apertura da sesión, facendo referencia ao seguinte listado de obras que van ser obxecto de debate na modalidade de Creación Literaria.

1.     LOLA, filla de Cangas – Asun Bernárdez Rodal             

2.     A ganancia e a perda – Martín Veiga  

3.     Clave de bóveda – Martín Torneiro     

4.     Para toa a vida – Eva Moreda Rodríguez          

5.     A parte queimada – Manuel Veiga Taboada     

6.     Os Afluentes – Vicente Vázquez Vidal               

7.     Casa – Juan Bello Sánchez  

8.     O verán en Lucenza – Alberto Fortes

9.     A póla branca – Xavier Seoane           

10.   A vinganza dos home bos – Manuel Esteban  

11.   Todas a vidas – Xosé Ramón Pena    

12.   Os incurábeis – Antonio Tizón             

13.   Ninguén morreu de ler poesía – Aldaolado      

14.   Un señor elegante – Suso de Toro      

15.   Ulcis – Xosé Fernández Ferreiro         

16.   Virtudes (e misterios). Premio Blanco Amor 2019 – Xesús Fraga           

17.   Tantos anos de silencio – Francisco Castro   

18.   O libro da filla – Inma López Silva        

19.   Distancias – Tamara Andrés e Marcos Viso   

20.   Árbores no deserto – Rosalía Fernández Rial

21.   Fragmento/Creba – Abrahan Pérez    

22.   Quérote canto – Baldo Ramos e Eva Veiga     

23.   A esmorga (edición conmemorativa 50 aniversario) – Eduardo Blanco Amor, ilustrada por Diego Estebo              

24.   O paraíso dos inocentes (Premio torrente Ballester 2019) – Antón Riveiro Coello            

25.   O estado intermedio – Rexina Vega   

26.   Illa Decepción (Premio de Narrativa Breve Repsol 2020) – Berta Dávila              

27.   Que me queres, amor? (Edición conmemorativa 25 aniversario) – Manuel Rivas, ilustrada por Diego Estebo        

28.   Alba de groria – Castelao, ilustrado por Ana Santiso   

29.   Mar de mazá – Elvira Ribeiro Tobío    

30.   Cheira – Moncho Iglesias Míguez        

O xurado acorda por unanimidade que as seguintes obras non poderán ser debatidas por non cumprir as bases:

3.     Clave de bóveda – Martín Torneiro

15.   Ulcis – Xosé Fernández Ferreiro

16.   Virtudes (e misterios). Premio Blanco Amor 2019 – Xesús Fraga

23.   A esmorga (edición conmemorativa 50 aniversario) – Eduardo Blanco Amor, ilustrada por Diego Estebo              

24.   O paraíso dos inocentes (Premio torrente Ballester 2019) – Antón Riveiro Coello

26.   Illa Decepción (Premio de Narrativa Breve Repsol 2020) – Berta Dávila              

27.   Que me queres, amor? (Edición conmemorativa 25 aniversario) – Manuel Rivas, ilustrada por Diego Estebo        

28.   Alba de groria – Castelao, ilustrado por Ana Santiso

Debido a isto, o xurado propón que se modifiquen o requisitos de participación no referente á participación de obras que xa fosen premiadas noutros certames para que non sexan excluídos.

Inmediatamente procédese as diferentes votacións que producen as seguintes preseleccións:

1º.- Pasan as obras denominadas cos seguintes números na relación que arriba se achega: 4 e 22.

Un señor elegante – Suso de Toro

Quérote canto – Baldo Ramos e Eva Veiga

Despois das deliberacións sobre as obras, cunha maior profundidade e expoñendo variedade de argumentos, por unanimidade dos presentes decídese outorgar o Premio Antón Losada Diéguez na súa XXXVI Edición e na modalidade de Creación Literaria: “QUÉROTE CANTO” (Ed. Galaxia) de Baldo Ramos e Eva Veiga

O xurado quere salientar neste premio a singularidade escollida polos autores na metodoloxía que se traduce nunha resonancia creativa. Dúas voces asentadas e diversas de lírica de noso que transitan camiños distintos nunha estancia común, conseguen conmover aos lectores de lectoras. Velaí o milagre da poesía.

Despois dun pequeno receso, iníciase a selección na modalidade de Investigación e Ensaio. O Sr. Presidente de novo fai mención do listado que se presenta nesta modalidade, acordando que todas as presentadas sexan obxecto de debate.

1.    O IRIXO. Patrimonio cultural  – Xulio Dobarro Ferradás              

2.    A industria galega dos cortumes. As pegadas dun patrimonio cultural sobranceiro – Claudio Otero Eiriz 

3.    Irmandiñas – Aurora Marco Rodríguez              

4.    O estrangulamento tecnolóxico de Galiza – Diego Sande Veiga

5.    Alborada de Edipo     Xesús Pisón       

6.    A máquina ousada. Pondal e Literatura – Manuel Castelao Mexuto         

7.    Narrativa e imaxinario nacional – Mario Regueira         

8.    O Reino medieval de Galicia  – Andrade Cernadas/López Carreira         

9.    Súbditos ou cidadáns? – Henrique del Bosque               

10.  Despoxos e vísceras ilustres – Mª Xosé Quizán             

11.  Zona a Defender – Manuel Rivas         

12.  Dicionario irreal para un país imposible – Xavier Seoane            

13.  Unha mente que voa – Xurxo Mariño  

14.  Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego – López Taboada/Soto Arias             

15.  Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939 – Miguel Anxo Seixas Seoane           

16.  Epistolario. Cuevillas e os seus contemporáneos – Varios autores        

17.  Arqueoloxía no noroeste peninsular en tempos de Nós – Varios autores              

18.  No texto do poema. Unha proposta teórica e metodolóxica sobre exemplo líricos galegos – Arcadio López-Casanova       

1ª.- Despois de varias intervencións dos membros do xurado procédese a unha primeira votación, da que saen as seguintes obras correspondentes aos números da relación: 3 e 8 . É dicir:

Irmandiñas – Aurora Marco Rodríguez

O Reino medieval de Galicia- Andrade Cernadas/López Carreira

2ª.-  Logo de novas deliberacións, e nunha derradeira votación, o xurado acordou conceder por unanimidade o Premio Antón Losada Diéguez, na súa XXXVI Edición, na modalidade de Investigación e Ensaio a “O REINO MEDIEVAL DE GALICIA” (Edicións Xerais) de ANDRADE CERNADAS E LOPEZ CARREIRA

O xurado valorou a achega orixinal dos autores ao coñecemento da historia medieval de Galicia, rescatando do esquecemento a existencia do reino de Galicia con rigorosidade e carácter divulgativo, combinando ensaio e investigación en fontes tanto cristiás como musulmáns, con paixón polo pasado temperada polo coñecemento académico e ben fundamentado.

Sen máis, a presidencia dá por rematado o acto, ás 13,30 h do devandito día, do que eu, como secretaria, dou fe e asinan todos os presentes en proba de conformidade.