O Carballiño conta hoxe con 29 casos activos, dous menos ca onte

O Concello do Carballiño baixa hoxe os casos activos en dúas persoas, ata situarse nos 29, sen apenas grandes cambios dende os últimos tres días. Isto quere dicir que hoxe as altas son maiores ca os contaxios novos. A comarca mantén os datos totais, con 48 persoas.

O resto de concellos da comarca presentan unha situación bastante estable. Baixan tamén os datos O Irixo, que pasa dos 3 ós 2 casos e Piñor, que pasa dos 4 casos ós 3. Os demais concellos seguen cos mesmos datos. Beariz mantén 2 casos, Boborás mantén os 7 casos, Maside mantén 1 caso, igual ca Punxín, e San Cristovo de Cea mantén 3 casos. San Amaro é o único concello que está libre de coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES