A Oficina de Información e Asesoría Itinerante para persoas emigrantes retornadas chega ao Carballiño o vindeiro 27 de xuño. O Auditorio Municipal do Carballiño acollerá o vindeiro 27 de xuño de 2026, en horario de 10,00 a 14,00 horas, unha nova xornada da Oficina de Información e Asesoría Itinerante, dirixida especialmente a persoas emigrantes retornadas e á comunidade venezolana residente na comarca.
A iniciativa está impulsada pola Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA), coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, e da asociación Alma Llanera. Durante a xornada ofrecerase información e asesoramento sobre cuestións de especial interese para as persoas retornadas, entre elas: emprego, formación, emprendemento, asistencia sanitaria, educación, protección internacional, axudas, subvencións, pensións e asesoría legal.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Esta oficina itinerante ten como obxectivo achegar información útil e personalizada ás persoas emigrantes retornadas, facilitando a súa integración social, laboral e administrativa, así como o acceso aos recursos e servizos dispoñibles.
A atención realizarase no Auditorio Municipal do Carballiño, situado na Avenida do Balneario, en horario de mañá. Tamén se pode consultar máis información na web de FEVEGA: www.fevega.org.

















