A área santaria vacina a 13.000 persoas dende o pasado sábado ata hoxe

Esta fin de semana e hoxe luns, a área sanitaria vacinou a máis de 13.000 persoas citadas nos hospitais da provincia e en Expourense. Mañá continúa a vacinación en xornada de mañá en grandes recintos e hospitais comarcais, coas primeiras doses das persoas entre 40 e 49 e persoal esencial de nova incorporación.

En horario de mañá, están citadas 2.600 persoas en Expourense; 340 no Hospital de Valdeorras e 240 no de Verín, e outros tantos no Hospital de Ourense. Todos eles recibirán a vacina Pfizer.

AVANTAR ACTIVIDADES