Juan Carlos Francisco do grupo socialista cualifica os proxectos da Xunta aos fondos da UE como “totum revolutum sen orientación de país”

Juan Carlos Francisco presenta unha iniciativa parlamentaria para reclamar un plantexamento realista que parta do diálogo social e político que foi rexeitada polo PP

O portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, reduciu hoxe os proxectos anunciados pola Xunta aos fondos Next Generation a un “totum revolutum sen orientación de país”. O responsable socialista presentou unha iniciativa na Comisión de Economía para reclamar un “plantexamento realista” que parta do “diálogo social e político” que foi rexeitada polo PP.

AVANTAR ACTIVIDADES

Juan Carlos Francisco criticou que os proxectos que levou o conselleiro de Economía á Comisión de Reactivación do pasado mércores son “unha suma de proxectos de cada Consellería e dos concellos, que suman 20.000 millóns de euros pero que se quedan nun slogan sen criterios de país, sen orientación estratéxica nin criterios para cohesionar o territorio”.

Advertiu que a totalidade de fondos comunitarios non reembolsables para España ascenden a 72.000 millóns de euros, co que “pretender que Galicia capte 20.000 millóns –cando supón o 6 por cento do PIB do Estado- é moi lexítimo pero escapa a calquera plantexamento realista”. Alertou de que se trata de “ensoñacións e publicidade e propaganda” que só servirá para “alimentar expectativas que derivan en fracasos, frustración e confrontación permanente”.

Explicou ademais que mentres por unha banda falan de captar 20.000 millóns de euros, pola outra o goberno galego aínda ten pendentes de gastar en torno a 1.400 millóns de euros de fondos europeos correspondentes ao período 2014-20, ademais de outros 263 millóns de euros que aínda non foron asignados.

Afeoulle ao goberno galego que teña dedicado os últimos meses a “confrontar co Estado con relación á xestión da pandemia, coa estratexia de vacinación e agora co Estado de Alarma”, en lugar de buscar o acordo cos axentes sociais e políticos para aproveitar o mellor posible estes fondos.

Pola contra, reclamoulle que respondan con reciprocidade á “man tendida” que está a ofrecer o PSdeG na xestión da pandemia dende o goberno galego. Neste sentido, pediu a posta en marcha dun órgano parlamentario para consensuar os proxectos que vaian a aspirar aos fondos Next Generation, así como unha comisión inter – departamental específica dentro do goberno glego para reforzar a presenza destes fondos no organigrama da Xunta.