O Carballiño baixa ós seis casos activos e San Cristovo de Cea mantén un so contaxiado

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ós 7. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e San Cristovo de Cea, únicos concellos con casos activos a día de  hoxe.

Publicidade

O Carballiño baixa un caso activo, pasando dos 7 de onte ós 6 positivos de hoxe. San Cristovo de Cea, mantén hoxe un positivo, cifra que se mantén dende o mércores día 14.

E os demais concellos,  Boborás, Maside, O Irixo, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.

Todos os concellos están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.