Argimiro Marnotes deixa o concello do Carballiño para adicarse ó C.D. Arenteiro

Argimiro Marnotes, actual concelleiro do Partido Popular no Carballiño, deixará esta adicación para centrarse na presidencia do C.D. Arenteiro, cargo que asumiu o pasado verán dando un pulo ó equipo nun momento difícil. O crecemento e os éxitos dos últimos meses, así coma o ascenso a Segunda Federación esixen agora toda a implicación do presidente Marnotes.

O que foi alcalde do Carballiño, cedía o liderato do partido antes das últimas eleccións municipais a Ricardo Perea, elexido polos seus compañeiros nunhas primarias. Aínda que pasou a un segundo plano, Argimiro Marnotes segue sendo o presidente do partido no Carballiño, un cargo que podería ceder nunhas novas votacións, aínda que polo momento, non se pronunciou sobre este tema.

AVANTAR ACTIVIDADES