Baltar destaca á Fundación Otero Pedrayo como “un dos baluartes da nosa cultura”

Recepción Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) ó novo Presidenta da Fundación Otero Pedrayo, Eduardo López Pereira.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial co presidente da Fundación “Otero Pedrayo”, Eduardo López Pereira, no primeiro encontro institucional do titular desta entidade logo da súa elección, que tivo lugar en días pasados. Baltar desexoulle os maiores éxitos ao fronte da fundación oteriana cualificando a esta institución como “un dos baluartes da nosa cultura e unha das casas referente en Galicia no eido da nosa identidade, xunto coa de Rosalía de Castro”. 

O presidente do goberno provincial reiterou que a Deputación de Ourense continuará “coa súa colaboración leal de proactiva coa fundación para manter vivo o legado, a obra, a traxectoria e o compromiso dun dos grandes da intelectualidade ourensá e universal, como é Otero Pedrayo”, a quen definiu como “un dos embaixadores da cultura con maiúsculas, persoa altamente capacitada, cunha memoria prodixiosa, enciclopédica; un orgullo para todos nós”, salientando que o novo presidente da fundación “vai continuar aumentando ese legado e difundindo entre os máis novos a gran personalidade de Otero Pedrayo, referente en Ourense, Galicia e na historia universal”. 

AVANTAR ACTIVIDADES