O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, reuniuse co vicepresidente primeiro e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, para abordar o proxecto de musealización da fábrica do papel.

A intención do rexedor foi a de conseguir a colaboración institucional para dar un pulo a estas instalacións e convertelas nun referente a nivel galego, que poida atraer non so ó turismo, se non tamén no ámbito educativo. Esta é unha das propostas que se enmarcan dentro das melloras que o concello quere implementar no entorno do Parque Etnolóxico do Carballiño.