O Ribeiro non presenta cambios. Catro casos en Ribadavia e tres en Cortegada

O Ribeiro repite a situación da pasada semana. Ribadavia mantén catro casos activos, a mesma cifra dende fai unha semana, sendo hoxe o máximo da comarca. Cortegada conta hoxe con tres casos activos, os mesmos ca na pasada semana.

Arnoia mantén un caso activo, rexistrado o pasado día 23 de abril. Avión, mantén un contaxiado, rexistrado esta mesma semana.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos, Beade, Leiro, Melón, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.

Todos os concellos están no nivel mais baixo de restricións, o medio-baixo, ao igual que os concellos da comarca do Carballiño, aínda que Cortegada o estará a partir de mañá venres.