O Ribeiro conta hoxe con 13 casos activos. Ribadavia presenta o máximo da comarca duplicando os contaxios. Onte rexistraba catro casos e hoxe conta con 8 positivos. Cortegada conta hoxe con tres casos activos, os mesmos ca na pasada semana.

Arnoia mantén un caso activo, rexistrado o pasado día 23 de abril. Avión, mantén un contaxiado, rexistrado esta mesma semana.

Os demais concellos, Beade, Leiro, Melón, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.

Todos os concellos están no nivel mais baixo de restricións, o medio-baixo, ao igual que os concellos da comarca do Carballiño.