O Psoe Socialista responsabiliza á Xunta do “abandono absoluto” do territorio forestal

Carmen Rodríguez Dacosta e Martín Seco García, deputada e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa reposta oral en Pleno.

Cada vez que se producen incendios o Partido Popular e o Goberno galego volven a incidir no de sempre en criminalizar á cidadanía falando dos moitos pirómanos e incendiarios que ao seu entender proliferan libremente polos montes de Galicia, igual que fixeron tantas veces cando as cousas se volvían en contra apelando a un suposto terrorismo incendiario, argumento que foi desmontado dun xeito contundente e repetidas veces pola Fiscalía de Galicia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O problema dos lumes en Galicia non é un problema de orde pública, aínda que ben sabemos que é preciso manter os esforzos neste eido e na persecución do delito. O problema dos incendios en Galicia é o abandono absoluto no que está o territorio, deste mundo rural desmantelado que o Partido Popular e o Goberno galego decidiu esquecer e seguen a facer logo de gobernar a Xunta de Galicia durante a maior parte da súa existencia.

O problema dos incendios en Galicia son ese medio millón de hectáreas aptas para aproveitar sostiblemente de forma multifuncional, que na actualidade non son produtivas. O que desgraciadamente acontece e que arden todos os anos, o problema é a falla de relevo poboacional e eses dez mil galegos e galegas que abandonan de media o seu país todos os anos.

Esa é realmente a causa dos lumes en Galicia, e por iso temos aquí, en tan só un 6 % do territorio español, preto do 30 % de todos os incendios e grandes incendios que se producen en España, e por iso a cuarta parte da superficie que ardeu o ano pasado en España ardeu na provincia de Ourense, que representa unicamente o 1,4 % da superficie total do Estado; e por iso 8 dos 17 grandes incendios que houbo no 2020 ocorreron en Ourense; e por iso o lume que arrasou unha vez máis o Parque Natural do Xurés foi o terceiro máis grande de España.

É necesario, por unha banda, consolidar e mellorar a eficacia do dispositivo contra incendios forestais. Temos que darlle apoio material, pero en tal caso debería atender o Goberno galego ás achegas que se fixeron no Ditame da Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política CSV: REXISTROXoz2i5kOn0 Verificación forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia, a resultas da vaga de lumes que sufriu en Galicia en Outubro do 2017.

E por esa mesma razón a Xunta de Galicia debería atender as conclusións e recomendacións que con motivo do anterior ditame fixo o grupo de expertos en incendios forestais, e que recolleron nun documento que foi entregado no Parlamento no verán do 2019.

É obvio que moitas das melloras que propoñían aínda non foron implementadas nin asumidas polo Goberno galego, todo reduciuse a creación dunha Dirección Xeral, no que non se tratou dun reparto axeitado dos medios de loita existentes na Comunidade Autónoma conforme a situación actual, nin se analizou por parte da Administración dos reforzos que sexan necesarios e a súa distribución territorial, se axuste verdadeiramente á incidencia dos lumes nesas comarcas e distritos, e aos poucos alentadores escenarios que nos augura o cambio climático.

No documento xeral elaborado polo grupo de traballo presentáronse varias táboas sobre a distribución ideal das brigadas, tanto en canto ao seu número como ao seu despregue territorial e temporal. A tal fin elaborouse un modelo mediante a aplicación dun algoritmo, en función da superficie de cada distrito e da incidencia dos lumes (número de incendios e superficies afectadas), empregando para isto o histórico dos lumes dos últimos dez anos.

Nas táboas presentadas evidénciase claramente unha forte distorsión ou descompensación no reparto actual das brigadas respecto do modelo proposto, uns desaxustes que debería ter en conta a Consellería do Medio Rural á hora de definir e distribuír o operativo. Así por exemplo, na provincia de Ourense, e malia presentar o 41 % dos lumes e o 59 % da superficie total queimada en Galicia nos últimos 10 anos, o reparto de brigadas proposto pola Xunta de Galicia atribúelle a esta provincia unicamente o 30 % das brigadas existentes, porén, e segundo o modelo, debería corresponderlle o 43 %, e a esta provincia xunto coa de Pontevedra os dous terzos das brigadas, cun incremento porcentual similar ao anterior.

socialista@parlamentodegalicia.es Por todo o exposto, a deputada e o deputado que asinan formulan a seguinte pregunta para o seu debate en Pleno: Ten prevista realizar a Consellería de Medio Rural a tan mencionada reestruturación dos distritos forestais