A garda civil investiga a un condutor por presunto delito contra a seguridade viaria nas festas de Parada de Amoeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

● Un condutor nas festas de Parada de Amoeiro, atropelou a dous peóns e causou danos en dous vehículos estacionados.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

● O condutor lanzou un resultado positivo na proba de alcoholemia.

Sobre as 03:00 horas do día 25 de xullo en curso, recibiuse unha chamada na Central Operativa de Tráfico, do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, na que se comunicaba que na localidade de Parada de Amoeiro, nas proximidades do lugar onde se estaba desenvolvendo a verbena das festas, produciuse un sinistro viario, consistente no atropelo a dous peóns e danos en dous vehículos estacionados.

O Equipo de Atestados deste Subsector, unha vez no lugar indicado, comprobou que o accidente fora provocado polo condutor dun turismo Seat Córdoba, un home de 39 anos de idade e residente Ourense que, ao realizarlle as probas de alcoholemia, lanzou un resultado positivo de 0,92 e 0,86 mg/l.

Por iso, foi investigado pola posible comisión dun delito contra a seguridade viaria, polo que pode ser condenado á prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e en calquera caso, a de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, faise un chamamento á prudencia no consumo de alcol cando se deba conducir un vehículo de motor, co fin de non ter que lamentar casos como o descrito ou con peores resultados.