A Asociación de Persoas con Discapacidade Física do Carballiño celebrou esta mañá a súa asamblea anual na que fixeron un repaso pola situación económica da asociación e das actividades levadas acabo durante o pasado ano. A presidenta, Lorena Rodríguez, fixo fincapé na necesidade dun local para poder organizar as actividades deste ano, que poderán
desenvolverse con maior normalidade ca o pasado ano pola evolución da pandemia.
O punto central desta reunión e tamén o que centra a súa loita hoxe en día é conseguir un local propio para poder realizar todas esas actividades. Polo de agora, teñen o seu material de fisioterapia do Centro Sociocomunitario e un despacho cedido no concello, ambos insuficientes. Polo de agora manteñen conversas activas ca administración local, pero aínda sen resultado.