As actuacións do Servizo de Emerxencias de Ribadavia redúcense en marzo e abril

Publicidade ASPADISI

O balance de intervencións do Servizo de Emerxencias de Ribadavia nos meses de marzo e abril foi positivo, cunha redución nas intervencións. Houbo dous accidentes con feridos de pouca consideración, seis accidentes sen feridos, e un accidente laboral.

En canto as incidencias relacionadas con incendios, houbo un incendio en vehículo, catro incendios forestais (a maioría queimas descontroladas), un incendio en material eléctrico, dous incendios urbanos e tres falsas alarmas de lume en coches e incendio industrial. Nestes dous meses tamén se realizaron dous apoios sanitarios ó helicóptero de urxencias sanitarias e 21 intervencións con animais soltos/ feridos ou mortos, e un enxamio de abellas.

En servizos a destacar, a colaboración da campaña de vacinación dós maiores de 80 anos da comarca do Ribeiro con 16 servizos, todos eles imposibles de facer sen a axuda dos voluntarios de Protección Civil.

Publicidade Premer na Imaxe

Tamén destacan a campaña de trampeo, para raíñas das vespas velutinas, dende o 1 de marzo, e que ata o 23 de abril se levaban capturadas 1.500 vespas nun total de 60 trampas dás que teñen control (non todas raíñas, xa que en marzo quitaron dous niños primarios coas primeiras obreiras, e en abril outros dous). Orecemos axuda ós concellos limítrofes para trampear conxuntamente colaborando directamente con Arnoia, Melón, e Carballeda entregando as primeiras trampas e o primeiro atraente. A finais de maio deixarán o trampeo masivo e solo o farán nos puntos controlados por eles, ou por veciños con experiencia para evitar que caigan nas trampas o resto de polinizadoras. Retomarán a campaña no outono.