A Área Sanitaria de Ourense celebra o Día da Enfermería cunha homenaxe

Á Área Sanitaria de Ourense conmemorou hoxe o Día Internacional da Enfermería cun emotivo acto de homenaxe do propio persoal de enfermería ao resto de colectivos profesionais pola súa axuda e colaboración imprescindible para desenvolver esta extensa labor, presente en todas as áreas e servizos da sanidade pública, e moi especialmente ao longo desta pandemia.

Publicidade

Ao acto tamén acudiu Ángeles Puga unha das pacientes atendidas por COVID que recibiu o agradecemento de Lourdes Bermejo, enfermeira que a atendeu durante o seu ingreso na UCI.

Outra das sorpresas foi a mensaxe do cómico ourensán Moncho Borrajo é a actuación do grupo de Musicoterapia que colabora cos centros sanitarios de Ourense.

Todos os centros de Saúde e as plantas dos três hospitais de Ourense recibiron un pequeno detalle para celebrar o día grande da enfermería.