O concello do Irixo leva a debate a concentración parcelaria en San Cosme

O grupo socialista do Irixo pedía a pasada semana que o concello convocara un pleno extraordinario, que foi establecido para o próximo sábado día 22 de maio, ás 11:00 horas.

O principal punto do día, motivado pola petición do PSOE, é o debate sobre a concentración parcelaria na parroquia de San Cosme de Cusanca, reclamado polos veciños dende fai anos. Os socialistas piden a aprobación da corporación e os inicios dos traballos por parte da Xunta. Tamén piden os socialistas que se fagan reunións informativas para que os veciños coñezan todos os detalles en relación do proceso de concentración parcelaria.

AVANTAR ACTIVIDADES

Someterase a debate tamén a solicitude dos socialistas de crear un regulamento de uso da maquinaria municipal.