O Consello Comarcal do BNG de Monterrei-Viana acorda rexistrar mocións en todos os concellos da comarca vinculada ao espolio eólico.

Na última reunión do Consello Comarcal acordouse que o rexistro das mocións en todos os concellos da comarca se faga dun xeito simultáneo o xoves 13 de maio desde as 9:00 ás 9:30 horas.

Desde o Consello Nacional do BNG acordouse desenvolver unha campaña nacional de oposición ao modelo de implantación masiva de parques eólicos en todo o noso país. Que alén do impacto medioambiental, reproduce o papel de Galiza como mera productora de enerxía para xerar importantes beneficios postos en mans de empresas de capital foráneo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O que se pretende finalmente é desviar a enerxía producida para a subministración doutros territorios do Estado Español, básicamente. O que pon en evidencia o rol colonial de Galiza.

A comarca de Monterrei – Viana, verase afectada se se poñen en marcha os proxectos reseñados, entre outros moitos parques eólicos ubicados nos concellos de Castrelo do Val, A Gudiña, Viana do Bolo, polo  parque eólico de Rebordechao de 154 Mw, coa instalación de 29 aeroxeradores (entre outras instalacións) que ten o seu maior grao de afectación no Concello de Laza e tamén nos concellos Castrelo do Val, Verín, Monterrei e Cualedro.

Na última reunión do Consello Comarcal do BNG acordouse que mañá, xoves 13 de maio, entre as 9:00 e 9:30 horas se faga unha presentación simultanea dunha moción en todos os concellos da comarca.