As Brigadas da Confederación actuarán en todo o municipio, comezando o martes 18 de maio na zona da Quinza- San Cristovo, actuando en ambas ribeiras cara a vila de Ribadavia, para a continuación intervir tamén en:
– Prexigueiro no río Cerves.
– Francelos, no río Outeiro e nas súas pozas naturais
– Avia: desde a Quinza ata a desembocadura, e no tramo urbano de Ribadavia.
– Miño: desde Ventosela a San Paio.
Esta intervención foi solicitada polo Concello nas diferentes xuntanzas de traballo que as dúas Administracións estiveron tendo nestes dous meses, e nas cales están abordando varios proxectos para Ribadavia.
Desde o Concello queren agradecer a colaboración da Confederación Hidrográfica co municipio, e retomar así as actuacións das súas brigadas en Ribadavia.
A situación das ribeiras atópanse cheas de restos de vexetación seca e morta acumulada nas ribeiras, e con esta intervención buscamos retirar todo o material que obstrúe o propio caudal e que supón en primeiro lugar, un perigo para as crecidas do río, pero tamén buscamos mellorar e embelecer as nosas ribeiras.