O Festival do Teatro Galego abre mañá a programación con “O péndulo”

O Festival do Teatro Galego abre a súa programación mañá martes, con representacións toda a semana ata a clausura o próximo venres. Para a estrea de mañá comezarán ca obra “O péndulo”.

Este ano tocou elixir entre programación pura de teatro, sen adornos, e actividades complementarias. Complementan esta programación coas compañías de Diego Anido, que presenta o espectáculo O Rei do Pop e Inversa Teatro co espectáculo “O Péndulo” e coa presencia de Barafunda un ano máis cos espectáculos de Rúa.

Este ano presentan dúas novidades: a colaboración coa Fundación Insua dos Poetas e a colaboración coa asociación ASPADISI.
En canto á Insua dos Poetas, o venres día 9 de setembro presentarán “Mentres Dure a Canción” ás 22:30hs na Insua dos Poetas, sempre que a climatoloxía non o impida.

En canto a ASPADISI, Asociación de pais de discapacitados psíquicos da comarca, O Fetega colaborará ca proposta de aportar o 20% da taquilla e levar o nome e o logo de Aspadisi naquelas actividades que desenvolvan para darlle visibilidade.

AVANTAR ACTIVIDADES