A policía autonómica detén un home en Ourense por quebrantamento dunha orde de afastamento

IES CHAMOSO LAMAS
  • Actualmente en Galicia a Policía Autonómica ten asignadas a protección de 260 vítimas de violencia de xénero
  • Os axentes tiñan coñecemento de que o investigado podía encontrarse coa vítima, motivo polo cal se estableceu un dispositivo de vixilancia nas inmediacións do domicilio, sendo localizado o varón no interior da vivenda

Axentes do Grupo de Prevención, Asistencia e Protección ás vítimas de violencia de xénero de Ourense, procederon  á detención dun varón, de 40 anos de idade, por un presunto quebrantamento dunha Orde de Protección que lle prohibía comunicarse e aproximarse á súa ex-parella da cal tiña ditada Orde de Afastamento.

Os axentes tiñan coñecemento de que o investigado podía encontrarse coa vítima, motivo polo cal se establece un dispositivo de vixilancia nas inmediacións do domicilio, sendo localizado o varón no interior da vivenda, motivo polo cal se procede á súa detención, sendo trasladado a dependencias da Policía Nacional de Ourense, onde se instruíu o correspondente atestado policial.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Unha vez posto a disposición do Xulgado de Garda, este dispón o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza, á espera da celebración de xuízo. Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 260 vítimas de violencia de xénero.