O BNG do Carballiño denuncia a situación da ponte medieval de Veiga

Sofía García demandará no videiro pleno que se limpe e se faga un mantemento periódico deste elemento patrimonial para conservar e poñer en valor o patrimonio histórico-artístico do Carballiño

A voceira do BNG do Carballiño, Sofía García, denuncia que a ponte medieval de Veiga, elemento patrimonial destacado do Carballiño, volta estar en estado de abandono tras unhas obras de fai só un ano no que se limpou e adecentou.

AVANTAR ACTIVIDADES

É preciso un mantemento periódico dos elementos singulares do concello, dí a voceira nacionalista, que ademáis de mantelos en boas condicións permita un menor esforzo económico que unha intervención integral e que supón ademáis un maior coidado. “A falta de mantemento sobre este monumento, permitiu que a maleza medrase sen control e voltase evidenciar o desleixo por parte do goberno municipal.” indica a voceira nacionalista.

Este abandono tamén supón un perigo para a conservación do propio monumento, pois ramas e raíces poden afectar a estrutura do propio monumento e rematar deteriorandoo e poñendo en perigo a propia integridade da ponte.