---------------------------------------------------------------------------------------------------------
A Feira do Viño do Ribeiro
arrancará mañá a 58ª edición marcada polo formato híbrido, adaptándose á
situación sanitaria. Deste xeito, haberá actividades presenciais, con aforo
limitado e distancias, e unha aplicación móbil a través da que se poderán
seguir todos os actos.
Ás 20:30 horas de mañá, a
organización da Feira do Viño, formada polo concello e o Consello Regulador,
farán o acto inaugural, co pregón a cargo José Ramón Estévez, historiador de
Ribadavia. A continuación, rematarase o día cunha clase de coctelería con viño
a cargo do carballiñés Willy Gómez, campión de España e subcampión de Europa.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------