O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, realizou unha valoración da xestión do goberno do Concello neste ano que agora remata, caracterizado polo pacto alcanzado entre PSdeG-PSOE e Partido Popular que permitíu unha ampla maioría de 11 sobre 17 na Corporación. Ao respecto, o rexedor socialista lembrou que “este acordo foi única e exclusivamente pensando no Carballiño, e os diferentes concellerías están a traballar para sacar adiante proxectos que verán pronto a luz”, e en consecuencia, “será a propia cidadanía quen de valorar ao final se a xestión foi positiva ou negativa”.
Entre eses proxectos, Fumega destaca a construción do novo Centro de Saúde na actual estación de autobuses e a ampliación do parque empresarial de Seoane nunha superficie de 100 hectáreas cara o municipio de Maside, que contarán co financiamento da Xunta de Galicia. E, sobre todo, o Plan de Sostibilidade Turística, “que foi posto en marcha polo grupo muncipal socialista, e que porá en valor ao pulpo como punto de referencia dunha interesante oferta turística”, e que suporá un investimento superior ao millón de euros. Un programa que tamén contempla o remate das obras do Museo do Papel, melloras no cámping, no Parque Etnográfico e na finca de As Barcias e a instalación dun novo alumeado nas igrexas da Veracruz e Vella e da Praza Maior, entre outros.
A nivel de tramitación dos proxectos, o correspondente ao novo ambulatorio atópase na fase de información sectorial dos municipios da contorna, “e levarase a cabo a modificación puntual da cualificación urbanística para converter en solo dotacional sanitario o que agora é dotacional de transporte, e logo só quedaría a elaboración do proxecto definitivo”, indicou o alcalde. Sobre a área industrial, Fumega adiantou que a execución do proxecto “levarase por fases, comezando pola zona do Carballiño e logo extendéndose ata a de Maside”.