Actividades neste mes na Tenda OZOCOgz

1. Xa está en marcha a 12 edición do concurso de MICRO-RELATOS OZOCOgz, desta volta a temática é o CINEMA, conta como xurado cos escritores e escritoras Pedro Feijoo, Raquel Castro e Roberto Fernández, o libeiro de Bueu Fernando Miranda e a gañadora da última edición, a tamén escritora Andreia Costas.O prazo para mandar as achegas vai do 15 de febreiro ao 30 de abril.Velaquí unha ligazón para as bases do concurso: BASES

2. Coma todos os anos, para celebrar o Día de Rosalía, o 23 de febreiro, imos ter un acto público diante da nosa tenda do Carballiño con música e lectura de poemas, tamén serviremos un “caldo de gloria” ás e aos asistentes.

AVANTAR ACTIVIDADES