Hoxe comeza no parque a 13ª edición do Festival de Títeres

IES CHAMOSO LAMAS

A explanada do parque municipal de Carballiño acollerá durante toda esta semana a 13ª edición do Festival de Títeres, evento por excelencia na vila para os máis pequenos. Dende hoxe pola tarde ata o venres, todos os días haberá actuacións ás 19:00 horas.

  • Hoxe, día 16: actuación de Títeres Alakrán da obra “Circo Galaico”.
  • Mañá, día 17: “Cousas de casa” e o obradoiro de títeres de Micromina Títeres.
  • Mércores día 18: “Os novos músicos de Bremen”, de Anima-T.
  • Xoves, día 19: “Onde vai o vento”, tamén de Anima-T.
  • Venres, día 20: obradoiro de títeres e a actuación “Novos lobos”, de Fantoches Baj.