Ourense repunta os novos contaxios e mantén seis persoas ingresadas na UCI

A comunidade galega rexistra hoxe 145 contaxios novos. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.400, cunha rebaixa dunha vintena de persoas. Do total de pacientes positivos en Galicia, 28 (=) están en UCI, 93 (-3) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta repunte leve. A provincia rexistra hoxe 17 contaxios novos, facendo que a cifra total suba en cinco casos ata os 196 casos totais. Nos hospitais hoxe a situación mantén un equilibrio. Contamos con 4 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES