Deputación de Ourense constitúe a comisión de Patrimonio

Constitución da Comisión Provincial de Patrimonio presideda polo VicePresidente provincial César Fernández Gil, e formada por Antonio Piñeiro (Técnico de Cultura do concello de Celanova), Antonio Rodríguez Colmenero (Catedrático en Historia), Xulio Rodríguez Gonzalez, Luis Manuel Cuña Ramos (Representante da Diócese de Ourense), Eva Torres (Directora do Museo Municipal de Ourense), José María Eguileta Franco e Aurelio Gómez Villar.

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, presidiu esta mañá na sala de xuntas do Pazo Provincial a comisión de Patrimonio. Na comisión, constituida cumprindo co acordo plenario, estiveron presentes xunto ao vicepresidente provincial o director do Museo Arqueolóxico, Xulio Rodríguez; a directora do Museo Municipal de Ourense, Eva Torres; o delegado de Patrimonio do Obispado de Ourense, Luis Manuel Cuña; o arqueólogo municipal do Concello de Ourense, José María Eguileta; o asesor de Cultura do Concello de Celanova, Antonio Piñeiro; o experto arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar.