Acotío, con Manuel Domínguez do restaurante Lúa en Madrid

O restaurante Lúa, en Madrid, cumpre 16 anos cas súas portas abertas. Manuel Domínguez, o seu propietario, é un carballiñés con orixe nunha familia adicada ó pulpo e á feira. Os seus éxitos no eido culinario foron recoñecidos cunha Estrela Michelín e con dous Soles Repsol. Hoxe fálanos da súa decisión de ser chef, dos 16 anos en Madrid e de como viviu este ano de pandemia o sector.