Galicia baixa ata os máis de 13.000 casos activos, con maior presión hospitalaria

A comunidade galega rexistra hoxe 543 contaxios, un ritmo de novos positivos que  descende notablemente con respecto á pasada semana. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 13.495, unha cifra que descende en preto de 2.000 casos nesta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe, pola contra, presenta un ascenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 63 (+8) están en UCI e 274 (+5) en unidades de hospitalización.

Publicidade

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 46 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben ata os 832 casos activos,  preto de 300 menos nesta fin de semana. Os hospitais hoxe presentan 29 (-6) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 8 (+2) na UCI.