O Centro Comercial Aberto do Carballiño aposta por un nadal animado, tanto para os máis pequenos coma para os adultos, cunha variada programación centrada nas rúas. Comezarán o día 22, o próximo mércores, cun trineo de Papá Noel. Estará dispoñible nas rúas das 16:30 ás 18:30 horas e a recepción de cartas na Praza Maior, das 18:30 horas ata as 20:00 horas.
E o día 23, Papá Noel convida a todos os nenos do Carballiño á súa casa, con máquina de neve incluída.
E xa o día 3 de xaneiro, volve o tren de Nadal do CCA pola mañá, dende as 10:00 horas ata as 14:00 horas e pola tarde, dende as 16:00 horas ata as 20:00 horas.