Campaña de loita contra a velutina en Ribadavia

O CONCELLO DE RIBADAVIA INICIA UNHA CAMPAÑA DE LOITA CONTRA A INVASORA VESPA VELUTINA

O Concello de Ribadavia, a través do servizo de Emerxencias vai iniciar unha campaña de colocación de trampas para loitar contra a vespa velutina.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

As persoas interesadas en colaborar colocando trampas teñen que chamar, como data límite este venres, ao número de teléfono 604.075.136.

A partir dese momento proporcionaráselles aos participantes o líquido atraínte para a confección das trampas e asesoraranlles na súa elaboración.

O concello pretende centrarse en zonas que tiveran maior influencia de vespa velutina na pasada campaña, dentro do término municipal de Ribadavia.