Ribeiro en Común analiza a viabilidade da municipalización da auga en Ribadavia.

O grupo municipal de Ribeiro en Común visitou as instalacións do Concello de Teo, onde o servizo de auga é 100% público.

Despois de superar o grave problema da auga que tivemos en Ribadavia, é tempo de buscar solucións de futuro e alternativas, mellorando o servizo, facelo máis xusto e sostible.

AVANTAR ACTIVIDADES


 
Con este obxectivo, o grupo municipal de Ribeiro en Común visitou o Concello de Teo da man do seu alcalde, Rafa Sisto e do responsable da empresa municipal Augas de Teo.
Os concelleiros de Ribeiro en Común puideron comprobar o funcionamento dun servizo público da auga que funciona en Teo e as súas instalacións.
 
Ribadavia ten un importante déficit de investimento na rede pública de auga e nas súas infraestruturas hídricas.  
 
Na situación actual, cun contrato de 1996, modificado en favor da empresa en 1999, e unha concesión que se atopa prorrogada, desde o Concello é o momento de tomar medidas na mellora do servizo buscando unha capacidade de investimento real na nosa rede de auga, algo que non se fixo nos últimos anos.


 
– Modernización da rede e a súa financiamento son as labores urxentes.
 
– Queremos facer un Plan director que contemple:
1. necesidades da rede municipal.
2. financiamento.
3. cronograma das obras.
 
– Na situación na que se atopa a rede de auga de Ribadavia desde o Concello hai que tomar medidas que necesariamente pasen por:  un novo prego no que se aborde a modernización da rede, e unha municipalización do servizo que posibilitaría o aforro financeiro e que contemple a posibilidade de xerar crédito para o investimento na mellora da rede.
 
– A nova captación no río Miño debe ser o obxectivo prioritario na vindeira lexislatura. Pero os problemas da actual rede non son tampouco un problema menor, así o poñen de manifesto as numerosas avarías e rupturas que sufre a rede diariamente.  
 
– Ademais, tamén se debe actualizar a taxa e modernizala.
 
Desde Ribeiro en Común estase a analizar a viabilidade da municipalización do servizo público, subrogando e asumindo no Concello aos traballadores, pois como se demostrou na pasada crise de agosto, os e as traballadoras da empresa son o mellor capital da actual concesionaria, técnicos incluídos.
 
Sexa de unha maneira ou de outra, débese investir na rede de auga de Ribadavia, a través da municipalización do servizo ou a través dun novo prego público.  Así o demostra as numerosas avarías sufridas recentemente.